Thursday 16 de May de 2024

O sábado inaugúrase o novo albergue municipal da Finca Tenreiro


Finalizadas as obras de recuperación do edificio en ruínas da Finca Tenreiro, este sábado 4 de maio realizarase o acto público de inauguración do albergue creado neste singular e fermoso parque público de Nós. Será ás 17:30 horas e contará coa actuación da Banda da Escola municipal de música.

O albergue creado está dotado con 28 camas, ademais de cociña, aseos, duchas… O seu principal uso será para campamentos urbanos de nenas e nenos de Oleiros que organiza o Concello.

COMO CHEGAR? https://maps.app.goo.gl/GQ5xoXLprLign4nu6